Customize Consent Preferences

We use cookies to help you navigate efficiently and perform certain functions. You will find detailed information about all cookies under each consent category below.

The cookies that are categorized as "Necessary" are stored on your browser as they are essential for enabling the basic functionalities of the site. ... 

Always Active

Necessary cookies are required to enable the basic features of this site, such as providing secure log-in or adjusting your consent preferences. These cookies do not store any personally identifiable data.

No cookies to display.

Functional cookies help perform certain functionalities like sharing the content of the website on social media platforms, collecting feedback, and other third-party features.

No cookies to display.

Analytical cookies are used to understand how visitors interact with the website. These cookies help provide information on metrics such as the number of visitors, bounce rate, traffic source, etc.

No cookies to display.

Performance cookies are used to understand and analyze the key performance indexes of the website which helps in delivering a better user experience for the visitors.

No cookies to display.

Advertisement cookies are used to provide visitors with customized advertisements based on the pages you visited previously and to analyze the effectiveness of the ad campaigns.

No cookies to display.

Sumar reúnese con Ulloa Viva no Congreso para abordar a afectación sanitaria e cultural de ALTRI

Sumar mantivo este mércores un encontro con representantes da plataforma Ulloa Viva no Congreso dos Deputados. Nesta xuntanza estiveron presentes representantes dos Ministerios de Sanidade e Cultura, así como os deputados de Sumar Galicia, Verónica Barbero e Manuel Lago.

A megafábrica de celulosa que a multinacional portuguesa ALTRI quere construír en Palas de Rei terá impactos graves na saúde, no medio ambiente e tamén no eido cultural, afectando de maneira significativa ao Camiño de Santiago. Esta é a denuncia que os representantes da plataforma trasladaron a Sumar nesta xuntanza.

Por parte do Ministerio de Sanidade estivo presente o Secretario de Estado Javier Padilla, que se comprometeu a “traballar con eles (a plataforma) para garantir que a saúde da xente (e a contorna) non se pon en risco”.
Asistiu tamén Elena Gallego, asesora parlamentaria do gabinete do Ministerio de Cultura, que mostrou o firme compromiso de protexer a integridade dun patrimonio universal como o Camiño de Santiago, fonte de riqueza, emprego e crisol de culturas.

Os deputados de Sumar Galicia estiveron tamén presentes, e trasladaron aos representantes de Ulloa Viva o pleno compromiso da nosa organización para frear os plans para esta macro instalación, que non só tería afectación directa na saúde e no medio, se non tamén no tecido económico e social de toda a comarca, ao destruír a paisaxe e a rede hídrica, e emitindo grandes cantidades de contaminantes. Isto remataría con moitas empresas familiares e proxectos económicos respectuosos, como explotacións gandeiras e iniciativas de turismo natural e responsable, pero tamén outras adicadas á pequena manufactura.

“Sumar Galicia está firmemente comprometida coa plataforma Ulloa viva na defensa do territorio e da xente da comarca, o que inclúe obviamente saúde e a cultura, nomeadamente a protección do Camiño De Santiago.”, indicaba Manuel Lago, deputado pola Coruña. “Os ministerios de Sumar se poñen ao servizo das persoas da comarca afectada pola amenaza da instalación de ALTRI, porque a saúde e a cultura son bens irrenunciables”.

Pola súa banda, a Portavoz no Congreso e Presidenta de Movementeo Sumar Galicia, Verónica Barbero, comprometeu o esforzo constante da nosa organización “para facer seguimento deste plan e evitar a súa construcción a toda costa. Este tipo de industrias xeran desertos ao seu arredor e impiden o desenvolvemento dunha economía autosustentable”.

!Queremos reivindicar a forma de vida elixida e defendida por toda a poboación galega. Unha forma de vida sostible, respectuosa coa contorna e coas persoas, nun territorio que ten un 8% de paro.” argumentou a Portavoz. “A Xunta está a actuar como un axente comercial da empresa e atacando, con iso, o que caracteriza á Ulloa, o noso territorio, os nosos empregos, pero non só: a Xunta -como axente de ALTRI- ataca o camiño de Santiago francés e a saúde de miles de persoas.”

Sumar Galicia trasladará, a través da nosa eurodiputada, Estrella Galán, esta loita ao Parlamento Europeo. “Non é sustentable en ningún aspecto, tampouco no económico, e a Comisión Europea ten que saber onde van parar os seus cartos”, incidiu Barbero.

Quero estar
informado/a