Hungría é o primeiro país democrático do mundo en prohibir as marchas do Orgullo, unha proba máis do seu afastamento dos valores da Unión Europea. Ademais, tanto os organizadores como os asistentes enfróntanse a penas de prisión debido á promulgación dunha lei represiva.

A un mes do Día Internacional do Orgullo LGBTI, e á luz deste último sinal de retroceso nos dereitos, Sumar pide ao goberno que actúe de maneira decidida.
Que se esixa á Comisión Europea a solicitude de medidas cautelares urxentes ao TXUE para suspender a prohibición.
Queremos que se apoie oficial e institucionalmente a celebración do Desfile do Orgullo LGBTQIA+ de Budapest. Tamén que se preste apoio consular e xurídico aos españois que participan no Orgullo de Budapest contra posibles represalias.
Así mesmo, insisistimos en que se reforce a denuncia da lexislación húngara nos foros internacionais de dereitos humanos.
Debemos declarar Hungría como país en regresión democrática e incluíla nos informes anuais de política exterior e dereitos humanos de España para salientar a súa deriva autoritaria.
Aquí está o texto completo, xunto con outro texto que fai referencia á adopción de medidas urxentes para defender os dereitos das persoas deste grupo en Bulgaria 👇