En pouco máis dunha semana millóns de mulleres marcharán polas rúas das nosas cidades e vilas para reivindicar unha vez máis o seu dereito a ser libres. O Grupo Parlamentario Plurinacional de Sumar queremos apoiar esta loita.

Hai un ano, inspiradas polas nosas colegas francesas que converteron a Francia no primeiro país en constitucionalizar o dereito ao aborto, anunciamos a nosa intención de seguir o mesmo camiño.
As deputadas do GP presentaron esta mañá unha proposta concreta para reformar a Constitución e incluír o dereito ao aborto.
A nosa proposta é engadir un novo apartado ao artigo 43 da Constitución Española:
“Recoñécese o dereito á interrupción voluntaria do embarazo que sexa gratuíta, informada, plena e universal. Os poderes públicos garantirán o exercicio deste dereito con absoluto respecto á autonomía física”.
Hoxe comezamos unha andaina na que, coma sempre, queremos construír cos demais. Por iso, poñemos en marcha un proceso de consulta e debate con todos os partidos políticos, organizacións feministas, sindicatos, asociacións de profesionais da saúde, organizacións de dereitos humanos, entre outras.
As mulleres poden e deben decidir. E o Estado debe garantilo.
Podes ler o texto completo da proposta aquí: