Sumar vota no Congreso por paralizara ampliación da A-52 en Vigo e apostar por alternativas sostibles

O Grupo Parlamentario Plurinacional Sumar votou esta mañá a favor dunha iniciativa que insta a paralizar a ampliación da A-52. O voto contrario de PP e PSOE provocou, aínda así, que a iniciativa presentada polo BNG non fora aprobada.

O grupo Sumar presentou en febreiro deste ano unha proposición non de Lei (PNL) na Comisión de Transportes do Congreso dos Deputados co obxectivo de frear o proxecto de ampliación da A-52 en Vigo, unha infraestrutura que, segundo denuncian, “suporía un grave impacto social e ambiental na parroquia viguesa de Bembrive”.

A iniciativa nace como resposta á oposición veciñal organizada pola plataforma Bembrive en Pé, que leva meses alertando sobre as consecuencias negativas dunha nova estrada que dividiría a parroquia e poría en risco os seus acuíferos subterráneos. “Non se pode avanzar no século XXI apostando por máis asfalto e destrución do territorio” indicou a portavoz de grupo parlamentario Sumar no Congreso, Verónica Barbero.

A formación reclama que se estude e implemente alternativas viables e sostibles, como poden ser a mellora do trazado da actual A-55, a gratuidade do tramo da AP-9 entre Porriño e Vigo ou o “impulso real dun sistema de transporte público colectivo para a área metropolitana”. 

Movemento Sumar Galicia súmase á alerta tamén do récord de vehículos privados en Vigo, que se converteu en 2023 na cidade con máis coches por habitante do Estado español. “Esta dependencia do coche privado non se resolve con máis estradas, senón con políticas valentes de mobilidade sostible”, remarcan.

“A verdadeira modernización non pasa pola construcción de máis estradas, se non por un cambio de concepción da mobilidade urbana”, asegurou. “Apelo ao alcalde Abel Caballero para un impulso real do transporte metropolitano”.

Lembrou tamén que o proxecto vai na dirección contraria ás políticas climáticas e de mobilidade que defenden tanto as administracións públicas como organismos internacionais, polo que a súa execución sería un retroceso inaceptable.Sumar chama ao consenso e á racionalidade, apostamos por “un modelo de mobilidade moderna, eficiente e respectuosa coa veciñanza e o medio ambiente” apuntou Barbero.

Quero estar
informado/a