Trump go home

A cimeira da OTAN converteuse nun desfile de reverencias da maioría dos países europeos a Donald Trump. O goberno español non participará nesta submisión e vasalaxe aos Estados Unidos. En Sumar témolo claro: non nos dan medo os abusóns, sexan quen sexan. Non imos axeonllarnos ante un autócrata.

Neste contexto, conseguimos manter que o gasto en defensa non subirá ao 5%, unha cifra absolutamente arbitraria e sen sentido. España non o necesita, e Europa tampouco. Ademáis de innecesaria, sería terriblemente lesiva para as nosas economías, para os nosos sistemas de benestar e para todas as persoas que requiren da axuda do estado no seu día a día. Unha vez máis, cargaríase o custe destas medidas sobre as persoas que menos teñen e máis axuda precisan.

Como xa temos explicado, aumentar o gasto non é mellor para a seguridade de Europa, e non o necesitamos para cumprir os obxectivos de capacidades defensivas da OTAN.

Seguiremos a repetilo: a seguridade europea non pode depender da OTAN nin dos Estados Unidos. Trump, xunto cos seus aliados Netanyahu e Putin, representa a maior ameaza para a estabilidade global. Non necesitamos un camiño que leve a unha economía de guerra.

O camiño para garantir a seguridade de Europa comeza por negarse a ceder ás ordes de Trump, coordinando os recursos e as capacidades europeas para enfrontarnos ás nosas maiores ameazas: a desigualdade, a pobreza, a reindustrialización e a emerxencia climática. A resposta é unha Europa soberana e independente.

O único obxectivo dos Estados Unidos é que a riqueza dos países europeos se lle transfira ao seu complexo industrial-militar: Europa non ten a capacidade para producir tantas armas como apra gastar o 5% do PIB, cifra que só podería cumplirse mediante compras de armas yankees.