Un Movemento en defensa do País. ALTRI non!!!

A preocupación de Sumar por unha Europa e unha Galicia que aposten por unha transición verde e xusta non é nova, e repele proxectos como o de Altri no noso País.

Na nosa organización temos claro cal é o camiño que queremos seguir.

Buscamos impulsar unha economía desenvolvida, que creza e xere postos de traballo dignos e de calidade, mais tamén proxectos que respecten o medio natural do noso País. No Movemento Sumar Galicia queremos fomentar unha transición ecolóxica xusta, para xerar alternativas inmediatas de industrialización verde e descarbonizadora para Galicia.

Co proxecto de Altri en Palas de Rei témolo claro: se non é sostible non é desenvolvemento, e opoñémonos a un proxcto depredador de recursos, que podría en serio risco o benestar non só da Ulloa, se non tamén de todas as comunidades que rodean o Ulla, e a propia Ría de Arousa, fonte de riqueza para decenas de concellos.

Opuxémonos a esta macrocelulosa nas rúas de Palas. Mais tamén no Congreso, no Consello de Ministros e no Parlamento Europeo.

Por iso, o vindeiro domingo 15 de decembro estaremos percorrendo as rúas de Compostela para apoiar un movemento de todo un País na súa defensa. 

Vémonos na fonte da Alameda de Santiago, ás 11.45h (fronte á porta principal do instituto Rosalía de Castro).
É fundamental unirse para defender o patrimonio natural do noso País. Contamos contigo para poñer en marcha Un Movemento en defensa do País!

Quero estar
informado/a