No Día das Letras Galegas, conmemoramos un dos maiores legados que ten o noso País: a lingua galega. Unha lingua que queremos viva, pois é útil no día a día, e é útil tamén para comunicarnos con moitas millóns de falantes no mundo. Unha fonte inesgotable de obras de arte!

Como cada 17 de maio, xuntarémonos en Compostela.
Este sábado tomaremos parte na manifestación organizada por Queremos Galego en Compostela, levando unha faixa na que reivindicamos que queremos futuro para a nosa lingua.
Vémonos ás 11.30h na fonte da Alameda, frote ao IES Rosalía de Castro.
Levamos máis de 15 anos cunha política lingüística do PP, incapaz de reverter a perda de falantes no país.
Precisamos un novo pacto social polo galego, na educación, nas universidades, nos medios de comunicación.